Compositores, xéneros e contextos (Ateneo Barroco 2024)

Data
Do 2 ao 15 de outubro de 2024
Horario
Antes de cada concerto
Lugar
Paraninfo e Igrexa da Universidade e Teatro Principal
Máis información

Web Ateneo Barroco

Venda de entradas

Compartir

COMPOSITORES, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos

A actividade complementaria e didáctica do Festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas e os seus instrumentos, á música e á súa historia, tomando como base os contidos do festival. As breves sesións terán lugar previamente á celebración de cada actuación e, sen dúbida, volverán a contribuír a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora de cada concerto. Os protagonistas destes encontros son os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo e dos contidos dos seus programas de concerto, nesta sexta edición do festival centrados nas figuras de compositoras e compositores singulares, como Barbara Strozzi, Jean-Philippe Rameau, Claudio Monteverdi ou Johann Sebastian Bach, e momentos de singular creatividade, como a disputa pola preponderancia entre o violoncello / violoncellistas e a viola da gamba / gambistas ou a explosión do Stylus Phantasticus, que derivou en períodos de rica creatividade e innovación e nos legou obras extraordinarias de compositores como Frescobaldi, Biber, Buxtehude, etc. Nestes encontros o público descobre e recibe enriquecedoras achegas sobre as súas composicións, os seus recursos expresivos e estilísticos e sobre os moi diversos ambientes, contornos e circunstancias, recursos, esixencias e oportunidades, público e destinatarios, nos que xurdiu a súa obra, así como dos feitos, circunstancias e argumentos que na actualidade motivan ao intérprete á súa recuperación e presentación ante o público.

Compositores, xéneros e contextos #1
CLAUDIO MONTEVERDI E O XESTO MÚSICO-TEATRAL
MANUEL VILAS
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Mércores 2 outubro 2024
20.30h

Compositores, xéneros e contextos #2
VIOLA DA GAMBA vs.  VIOLONCELLO, UNHA LOITA CREATIVA
FERNANDO SANTIAGO
Igrexa da Universidade
Sábado 5 outubro 2024
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #3
BARBARA STROZZI, A SENSIBLE EXPRESIÓN DOS AFECTOS
JULIETA VIÑAS / PAULA BRIEBA
Teatro Principal
Luns 7 outubro 2024
21.00h

Compositores, xéneros e contextos #4
BACH, AS VARIACIÓNS GOLDBERG
DIEGO ARES
Teatro Principal
Martes 8 outubro 2024
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #5
AS PEZAS DE CLAVECÍN EN CONCERTO, A MESTRÍA DE RAMEAU
ANDRÉS ALBERTO GÓMEZ
Teatro Principal
Sábado 12 outubro 2024
20.00h

Compositores, xéneros e contextos #6
O STYLUS PHANTASTICUS
ADRIÁN LINARES
Igrexa da Universidade
Martes 15 outubro 2024
20.00h

Próximos eventos Ver axenda