Presentación do libro «La teatralización de la política en España» de Xavier Coller

Data
Xoves, 3 de outubro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O xoves, 3 de outubro, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «La teatralización de la política en España» de Xavier Coller. No acto participarán:
          Xavier Coller, Catedrático de Ciencia Política da UNED, autor da obra
          Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea na USC
          Nieves Lagares, Politóloga
          Xosé Ramón Pousa, representante do Ateneo de Santiago

Como en toda democracia, na política parlamentaria en España hai conflito, disenso, pero a súa manifestación visible adoita ocultar que hai tamén moita cooperación. La teatralización de la política en España explora esta paradoxa: a pesar de que percibimos a política como unha área de conflito permanente con intensidade variable, o certo é que os nosos representantes entenden maioritariamente que é unha esfera de cooperación.

Xavier Coller é PhD por Yale University (2002) e doutor pola UAB (1996). Catedrático de Ciencia Política (2021, UNED) e de Socioloxía (2010-2019, UPO), ensinou en universidades europeas e estadounidenses e foi visiting fellow nas uni­versidades de Warwick, Berkeley, Harvard, Yale, Georgetown, Princeton, Université de Montpellier-1 e LUISS. É o sétimo catedrático Príncipe de Asturias de Georgetown University (2005-2007) e correspondente para España da Comparative Candidates Survey. É autor de máis dun cento de publicacións sobre teorías, métodos de investigación, identidades colectivas, elites políticas e organizacións complexas.

Próximos eventos Ver axenda