Conferencia «Ante a crise ecolóxica: unha defensa do decrecemento» de Carlos Taibo

Data
Luns, 7 de outubro de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 7 de outubro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, en colaboración co Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC, titulada «Ante a crise ecolóxica: unha defensa do decrecemento», que estará impartida por Carlos Taibo, Profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid.

Carlos Taibo foi durante trinta anos profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid. É autor de varios libros sobre a crise ecolóxica, a perspectiva do decrecemento e a teoría do colapso, entre eles En defensa del decrecimiento (Madrid, 2009), Colapso (Madrid, 2016), Ante el colapso (Madrid, 2019) e Breviario de ecología libertaria (Madrid, 2024).

Próximos eventos Ver axenda