Conferencia «A expresividade dramática no Barroco: de Monteverdi a J. S. Bach» de Montserrat Capelán
- Data
- Luns, 14 de outubro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso gratuíto ata completar a capacidade da sala
O luns, 14 de outubro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «A expresividade dramática no Barroco: de Monteverdi a J. S. Bach», que estará impartida por Montserrat Capelán, Profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta conferencia pertence Festival de Música Antiga e Barroca, ATENEO BARROCO, configurándose como unha actividade complementaria ao mesmo, un evento musical que se desenvolverá do 2 ao 16 de outubro en diferentes escenarios do patrimonio compostelán.
Montserrat Capelán é Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Investigación Organistrum. É especialista en música americana (con especial énfase nos séculos XVIII e XIX) e en música galega e emigración (séculos XIX e XX), temas sobre os que ten editados varios volumes colectivos, numerosos artigos e capítulos de libros, e obtivo en 2013 o Premio Nacional de Libro de Venezuela. É membro correspondente por España da Academia da Historia do Estado Carabobo, membro da International Society of Musicology e forma parte de diferentes asociacións como a MUSAM da Sociedad Española de Musicología.