Visita guiada á exposición «Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX» no Colexio de Fonseca
- Data
- Martes, 5 de novembro de 2024
- Horario
- 12.30h
- Lugar
- Colexio de Fonseca
- Máis información
O martes, 5 de novembro, ás 12.30h o Ateneo de Santiago realizará unha visita gratuíta á exposición «Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX», situada no Colexio de Fonseca, que estará guiada polo seu Comisario Javier Garbayo, Profesor de Historia da Música na USC.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 30 de outubro.
A mostra recupera a memoria de 23 mulleres a través de 18 paneis informativos ilustrados –organizados todos eles a modo de bastidores dun teatro- e 10 amplas vitrinas onde se recompila abondosa documentación, tanto de carácter persoal como profesional, de cada unha delas. Ademais, dedica unha especial atención ás gravacións conservadas da voz destas cantantes feitas entre as décadas de 1920 e 1970. A selección de audios recolle as voces de Mary Isaura, Ofelia Nieto, Ángeles Ottein, Matilde Vázquez, Lola Rodríguez Aragón, María Luisa Nache, Inés Rivadeneira, Josefina Cubeiro e Ángeles Gulín.