Seminario Europa: «A innovación na política rexional europea a exame dende Galicia» con María del Carmen Sánchez-Carreira
- Data
- Xoves, 14 de novembro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O xoves, 14 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con María del Carmen Sánchez-Carreira, Profesora Titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «A innovación na política rexional europea a exame dende Galicia».
María del Carmen Sánchez-Carreira é Doutora en Economía e Profesora Titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Está especializada en políticas de innovación, desenvolvemento rexional e políticas rexionais e avaliación de políticas públicas prestando especial atención á compra pública de innovación e á avaliación do seu impacto. Tamén realiza investigacións sobre outras temáticas como os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, as desigualdades, o Estado de Benestar, educación e políticas sociais, a promoción de novos sectores, a intensidade tecnolóxica do comercio ou a economía circular. Ademais das publicacións en forma de artigos, libros e capítulos de libros, sexan nacionais ou internacionais, participa en proxectos de investigación sobre esas temáticas, destacando os de carácter internacional, dirixiu teses doutorais nesas temáticas e realizou estadías en prestixiosos centros de investigación nacionais e internacionais. É membro do Grupo de Investigación de referencia competitiva Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento Económico (ICEDE) e do Centro Singular CRETUS Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais, ambos os dous da Universidade de Santiago de Compostela.