Visita guiada á exposición «Unha vida viquinga» no Museo Centro Gaiás
- Data
- Xoves, 21 de novembro de 2024
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Museo Centro Gaiás
- Máis información
O xoves, 21 de novembro, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Unha vida viquinga», situada no Museo Centro Gaiás.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o luns, 18 de novembro.
Comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos e especialista de referencia na Idade Viquinga, Irene García Losquiño, a mostra combina arredor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas de diferentes décadas e séculos, amosando obxectos nunca antes exhibidos na Península Ibérica. A exposición afonda na cultura nórdica durante a Idade Viquinga —da segunda metade do s. VIII á segunda metade do s. XI— nun relato artellado arredor do que podería ter sido a vida dunha persoa deste período (dende o seu nacemento, infancia, xuventude e madurez, ata a morte e a concepción do alén), afastándose dos clixés do imaxinario popular sobre esta civilización para achegarse a aspectos como a participación das mulleres nas campañas de exploración pero tamén ás viaxes e ao comercio, á mitoloxía, á estrutura social e política, á presenza da cultura viquinga fóra de Escandinavia ou á súa relación con Galicia.