Conferencia «Galicia e os normandos» de Fernando López Alsina
- Data
- Luns, 18 de novembro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 18 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Galicia e os normandos», que estará impartida por Fernando López Alsina, Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago.
Fernando López Alsina estudou Filosofía e Letras, especialidade que englobaba todas as ramas de Humanidades, e acabou optando pola Historia Medieval. Dentro deste ámbito a súa especialidade foi sempre a historia urbana, investigando dende cidades como Mondoñedo, Viveiro ou Ribadeo, tema de investigación da súa tese de licenciatura, ata urbes como Compostela. A súa tese doutoral versou sobre Santiago na Idade Media, un traballo imprescindible para coñecer a evolución da cidade dende o Locus Santi Iacobi ata a súa consolidación como núcleo urbano. Así pois, é un dos mellores coñecedores de Compostela pero esta non foi a única urbe medieval obxecto de investigación pola súa parte senón que tamén participou en proxectos de investigación como Las ciudades y los espacios urbanos en Galicia, La organización parroquial en Galicia entre los siglos VI-XVI ou La formación de los núcleos urbanos de la fachada atlántica del señorío de la Iglesia de Santiago en el siglo XII: Padrón, Noya y Pontevedra. Todo o relacionado co Camiño e a peregrinación foi obxecto dos seus estudos como reflicten os seus numerosos traballos de investigación, editados non só en Galicia e España senón tamén en Bruxelas, Perugia, Braga ou Tubinga. Así mesmo, foi o comisario da exposición «Alfonso IX y su época», que se puido ver no Kiosko Alfonso da Coruña en 2008.