Debate sobre «Poeta chileno» de Alejandro Zambra
- Data
- Martes, 3 de decembro de 2024
- Horario
- 17.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Os martes, 19 de novembro e 3 de decembro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra Poeta chileno de Alejandro Zambra.
En Poeta chileno Gonzalo é un poetastro que quere ser poeta e un padrastro que se comporta como se fora o pai biolóxico de Vicente, un neno adito á comida para gatos que anos máis tarde se nega a estudar na universidade porque o seu soño principal é converterse en poeta, a pesar dos consellos de Carla, a súa orgullosamente solitaria nai, e de León, un pai mediocre dedicado a coleccionar coches de xoguete. O labirinto masculino actual, os tráxicos vaivéns do amor, as familias fugaces, a omnipresente desconfianza en institucións e autoridades, o desexo valente e obcecado de pertencer a unha comunidade en parte imaxinaria, o sentido de escribir e de ler nun mundo hostil que parece desmoronarse a toda velocidade... Son moitos os temas que esta novela sobre poetas que desprezan as novelas pon enriba da mesa.
Alejandro Zambra (Santiago de Chile, 1975) licenciouse en Literatura pola Universidade de Chile e continuou os seus estudos en Madrid grazas a unha bolsa de posgrao. Compaxina o seu traballo de profesor de Literatura na Universidade Diego Portales en Santiago de Chile co de escritor e colabora como crítico literario en varias revistas españolas como Babelia de El País ou Letras Libres. O seu primeiro libro de poesía, Bahía Inútil, veu a luz recén graduado, en 1998. Con todo, a súa primeira novela, Bonsái, non chegaría ata 2006, un experimento narrativo brillante entre unha novela curta e un relato longo, que foi un éxito de crítica e público, como testemuñan as súas múltiples traducións e os premios recollidos, e en 2011 foi adaptada ao cinema por Cristian Jiménez e presentada no Festival de Cannes. O libro de contos Mis documentos, as coleccións de ensaios No leer e Tema libre, o particularísimo Facsímil e Literatura infantil, unha serie de relatos, de ficción e non ficción, sobre infancia e paternidade, son outras das súas obras que chegaron a España. As súas novelas foron traducidas a vinte linguas e os seus relatos teñen aparecido en revistas como The New Yorker, The New York Times Magazine, The Paris Review, Granta, Harper’s e McSweeney’s. Foi bolseiro da Biblioteca Pública de Nova Iork e recibiu, entre outras distincións, o English Pen Award, o O. Henry Prize e o Premio Príncipe Claus.