Conferencia «Galicia na vangarda do cribado neonatal» de Cristóbal Colón Mejeras
- Data
- Luns, 25 de novembro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 25 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Galicia na vangarda do cribado neonatal», que estará impartida polo Doutor Cristóbal Colón Mejeras, responsable do cribado neonatal en Galicia.
Cristóbal Colón Mejeras é Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1994) coa tese «Estudio epidemiológico de los niveles de la hormona estimuladora del tiroides (TSH) en la población neonatal gallega», dirixida por Dr. José María Fraga Bermúdez. Especialista en Neuroendocrinoloxía e Puericultura, foi Asesor Técnico da Dirección Xeral de Atención Especializada do Servizo Galego de Saúde, Xefe da Sección de Estatística da Actividade Asistencial, de Prestacións Sanitarias e de Atención Especializada, e Director do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Autor de libros, capítulos de libros e numerosos artigos científicos sobre o diagnóstico de enfermidades conxénitas, actualmente é o responsable do cribado neonatal en Galicia.