Conferencia «China na Nova Desorde Mundial» de Miguel Otero

Data
Luns, 2 de decembro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 2 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «China na Nova Desorde Mundial», que estará impartida por Miguel Otero, Investigador do Real Instituto Elcano.

Miguel Otero Iglesias é investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor do IE School of Global and Public Affairs, ademais de investigador asociado no Instituto para a Unión Europea e Asia na ESSCA School of Management de París. As súas áreas de investigación céntranse na economía política internacional en todas as súas vertentes, sendo as súas especialidades a unión monetaria europea e a cooperación monetaria noutras rexións do mundo; as relacións monetarias e financeiras internacionais; a globalización e os seus efectos; o triángulo de poder entre a UE, China e os EEUU; Europa e, especialmente, Alemaña na era da revolución dixital; modelos de capitalismo e teorías do diñeiro; e o poder. Anteriormente, foi profesor titular de economía política internacional en ESSCA París, profesor adxunto para Queen Elisabeth House na Universidade de Oxford, investigador posdoutoral na London School of Economics e profesor asociado na Universidade Oxford Brookes, onde obtivo o seu doutorado en economía política internacional (IPE, polas súas siglas en inglés). Tamén ten un Master en IPE pola Universidade de Manchester e foi investigador visitante no Instituto de Relacións Internacionais da Pontífica Universidade Católica de Río de Janeiro, no Instituto de Economía e Política Mundial na Academia China das Ciencias Sociais de Pekín, na Escola de Negocios da Universidade Alfaisal de Riad e no Instituto Mercator para Estudos de China (MERICS) de Berlín. É fundador e coordinador do European Think Tank Network on China (ETNC).

Próximos eventos Ver axenda