Debate sobre «Te di ojos y miraste las tinieblas» de Irene Solà
- Data
- Martes, 17 de decembro de 2024
- Horario
- 17.30h
- Lugar
- Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
O martes, 17 de decembro, ás 17.30h na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Te di ojos y miraste las tinieblas de Irene Solá.
Te di ojos y miraste las tinieblas conta a historia dunha estirpe de mulleres que habitan nunha masía no medio da serra das Guilleries mentres tratan de sobrevivir ao seu destino maldito por un pacto co demo que fixo a matriarca do clan. Son mulleres ás que lles falta algo: un cacho de corazón, a lingua, as pestanas ou a memoria. Pero chega un punto onde xa non se sabe se o que lles ocorre é unha condena ou xusto ao contrario porque, como di a propia Solà, «se miras fixamente ás tebras tamén podes atopar algo de luz».
Irene Solà (Malla, 1990) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e ten un Máster en Literatura, Cine e Cultura Visual pola Universidade de Sussex. A súa segunda novela, Canto yo y la montaña baila, publicada en catalán e castelán, obtivo en 2019 o premio Llibres Anagrama de novela, o European Union Prize for Literature, o premio Punt de Llibre de Núvol, o Premio Cálamo Otra Mirada e o premio Maria Àngels Anglada de Narrativa, e foi traducida ao euskera, o italiano, e pronto a outros quince idiomas, incluídos o inglés, o francés, o holandés, o turco e o árabe. O seu libro de poemas Bèstia (2012) recibiu o Premio de Poesía Amadeu Oller e foi traducido ao inglés, ao italiano e pronto aparecerá en castelán. A súa primeira novela, Los diques, publicada en catalán, ganou o Premio Documenta 2017 e os seus textos e obras foron expostos e lido no CCCB (Barcelona), a Whitechapel Gallery e o Jerwood Arts Centre (Londres), o Bòlit (Girona), o ACVIC (Vic), a Galería José de la Fuente (Santander) e o Festival Poesia i +, entre ootros. Colabora habitualmente en La Vanguardia, foi escritora residente do Alan Cheuse International Writers Center da Universidade George Mason (Virginia) e participou no programa Writers Art Omi-Ledig House (Nova Iork).