Debate sobre «Peregrino transparente» de Juan Cárdenas

Data
Martes, 18 de febreiro de 2025
Horario
17.15h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 18 de febreiro, ás 17.15h na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Peregrino transparente de Juan Cárdenas.

En Peregrino transparente Henry Price, pintor inglés ao servizo da Comisión Corográfica, unha expedición científica que percorre Colombia en 1850, vai seguindo o rastro dun misterioso e hábil artista local de cuxa identidade apenas hai indicios e faladurías populares. O que comeza sendo un mero interese profesional –un artista fascinado por outro– acaba converténdose nunha obsesión, nunha aventura filosófica e nun camiño de aprendizaxe para o pintor estranxeiro, que, no decurso da expedición, acabará sumido na voráxine política da recentemente instaurada república.

Juan Cárdenas (Popayán, Colombia, 1978) é un dos escritores latinoamericanos máis relevantes do que vai de século. Autor do libro de relatos Carreras delictivas (2008) e da novela Zumbido (2010, reeditada por Periférica en 2017), traduciu a autores como William Faulkner, Gordon Lish, Muriel Spark, Norman Mailer, Nathaniel Hawthorne, Thomas Wolfe, Eça de Queirós ou Machado de Assis. Entre 2008 e 2010 gozou dunha bolsa de creación na Residencia de Estudantes de Madrid. En 2013 publicou a novela Los estratos, que foi recibida con eloxios pola crítica de España e América, e, posteriormente, apareceron tamén as novelas Ornamento (2015), El diablo de las provincias (2017), pola que recibiu o Premio de Narrativa José María Arguedas en 2019, e Peregrino transparente (2023). É autor, do mesmo xeito, dos textos inclasificables Volver a comer del árbol de la ciencia (Tusquets Colombia, 2018) e Elástico de sombra (Sexto Piso, 2020).

Próximos eventos Ver axenda