Debate sobre «Temporada de huracanes» de Fernanda Melchor
- Data
- Martes, 6 de maio de 2025
- Horario
- 17.15h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago

O martes, 6 de maio, ás 17.15h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Temporada de huracanes de Fernanda Melchor.
En Temporada de huracanes un grupo de nenos atopan un cadáver flotando nas augas turbias dunha canle de rego preto ao rancho La Matosa. O corpo resulta ser da Bruxa, unha muller que herdou dito oficio da súa nai falecida e a quen os poboadores desa zona rural respectaban e temían. Tras o macabro achado, as sospeitas e faladurías recaerán sobre un grupo de rapaces da localidade, a quen días antes unha veciña veu mentres fuxían da casa da feiticeira, cargando o que parecía ser un corpo inerte. A partir de aí, os personaxes involucrados no crime contarán a súa historia mentres os lectores se mergullan na vida deste lugar acosado pola miseria e o abandono e onde converxen a violencia do erotismo máis escuro e as sórdidas relacións de poder.
Fernanda Melchor naceu no porto de Veracruz, en México. É autora do libro de crónicas Aquí no es Miami (2018) e das novelas Falsa liebre (2013; 2022), Páradais (2021) e Temporada de huracanes (2017), esta última traducida a máis de trinta idiomas e finalista do prestixioso premio Booker International en 2020. O seu traballo mereceu diversos recoñecementos nacionais e internacionais, como o Premio Anna Seghers 2019, o Premio Internacional de Literatura de Alemaña e o Premio PEN á Excelencia Literaria 2018.