Debate sobre «A parte fácil» de Ismael Ramos

Data
Martes, 20 de maio de 2025
Horario
17.30h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 20 de maio, ás 17.30h no Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra A parte fácil de Ismael Ramos.

En A parte fácil as personaxes están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen esta obra aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergoña, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. 

Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) é autor dos poemarios Lixeiro (2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; Lumes (2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan; e Os fillos da fame (2016), Premio Johán Carballeira de Poesía. Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es. A parte fácil é o seu primeiro libro de contos.

Próximos eventos Ver axenda