Debate sobre «El invencible verano de Liliana» de Cristina Rivera Garza

Data
Martes, 3 de xuño de 2025
Horario
17.30h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

Os martes, 3 e 17 de xuño, ás 17.30h no Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra El invencible verano de Liliana de Cristina Rivera Garza.

El invencible verano de Liliana é unha escavación na vida dunha muller brillante e audaz que careceu da linguaxe necesaria para identificar, denunciar e loitar contra a violencia sexista. O 16 de xullo de 1990, Liliana Rivera Garza, a irmá da autora, foi vítima dun feminicidio. Era unha rapaza de 20 anos, estudante de arquitectura, que levaba anos tratando de rematar a súa relación cun mozo da preparatoria que insistía en non deixala. Unhas semanas antes da traxedia, Liliana por fin tomara a decisión de deixalo atrás e comezar unha nova vida. Faría unha mestría e despois un doutorado, viaxaría a Londres, pero a decisión del foi que ela non tería unha vida sen él. 

Cristina Rivera Garza é unha autora, tradutora e crítica mexicana. Os seus libros máis recentes son El invencible verano de Liliana (2021; Premio Pulitzer 2024, Premio Xavier Villaurrutia 2021, publicado en inglés en 2023 e finalista do National Book Award na categoría de non ficción), New and Selected Stories (2022), Dolerse. Textos desde un país herido (2011, traducido ao inglés en 2020 por Sarah Booker e finalista do NBCC Award) e a súa poesía completa, co título Me llamo cuerpo que no está (2024). En 2020 obtivo a bolsa MacArthur e actualmente é profesora distinguida M. D. Anderson na Universidade de Houston. Ademais dos mencionados, tamén recibiu os premios Iberoamericano de Letras José Donoso, Sor Juana Inés de la Cruz (en dúas ocasións), Anna Seghers, Shirley Jackson e Roger Callois.

Próximos eventos Ver axenda