Acto de entrega do Premio Alfredo Vicenti 2024
- Data
- Luns, 16 de decembro de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
O luns, 16 de decembro, ás 19.00 horas terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a entrega do premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico 2024 a Marta Otero Mayán polo traballo titulado «Somos las esclavas de este siglo», unha reportaxe publicada en La Opinión de A Coruña o 3 de marzo de 2024.
Tamén se entregará a mención honorífica a Ángel Paniagua Pérez polo traballo «El ‘chemsex’ dispara las infecciones sexuales», publicado en La Voz de Galicia o 26 de novembro de 2023.
O fallo do xurado, constituído por representantes do Ateneo de Santiago, a Federación de Ateneos de Galicia e a Facultade de Xornalismo da USC, entre outros, deuse a coñecer o pasado 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.