Conferencia «Festival de Cans: resistencia cultural no contexto rural» de Alfonso Pato

Data
Luns, 20 de xaneiro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 20 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Festival de Cans: resistencia cultural no contexto rural», que estará impartida por Alfonso Pato, Fundador e Director do Festival de Cans.

Alfonso Pato, xestor cultural e xornalista, é fundador e director do Festival de Cans, aldea na que naceu, dende 2004, ano da súa creación. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC, ten unha traxectoria de varias décadas como xornalista e director de programas culturais na televisión e como xestor de proxectos culturais. Como xornalista, traballou na Televisión de Galicia (TVG), Televisión Española ( TVE), o xornal El País e, na actualidade, en eldiario.es. Impartiu coloquios e cursos sobre festivais e xestión cultural en contextos rurais en universidades europeas e nacionais como a Université Sorbonne- Paris 8 (Francia), Universidad de Deusto (Euskadi), Universidade Católica Portuguesa do Porto (Portugal), Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade da Coruña (UDC) ou University of Saint Louis (Campus Madrid), así como en encontros organizados en diversas comunidades polo Ministerio de Cultura, a Junta de Extremadura ou o Principado de Asturias, entre outros organismos.

Próximos eventos Ver axenda