Proxección da película «Doentes» de Gustavo Balza

Data
Martes, 28 de xaneiro de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «CINEMA GALEGO DO SÉCULO XXI»

Compartir

O martes, 28 de xaneiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela, a proxección da película «Doentes». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «Cinema galego do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada polo seu guionista, Roberto G. Méndez.

Doentes
Director: Gustavo Balza
2011, 79 minutos
Na Compostela dos anos cincuenta o desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas compostelás de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Así, unha negra e longa noite de apacible vagabundeo convértese nunha carreira tola pola supervivencia de dous descoñecidos amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá.

Roberto G. Méndez é escritor, xornalista e guionista de cine e televisión. Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid, realizou guións para unha boa cantidade de series da TVG dende 1995 como Pratos Combinados, Libro de Familia ou Matalobos, entre outras. Colabora habitualmente na prensa galega e traballa, cando non o fai na ficción televisiva, na redacción de programas de humor e entretemento, entre outros proxectos audiovisuais. Tradutor esporádico e coautor dunha serie de banda deseñada xuvenil, o da película Doentes, escrito en colaboración co director Gustavo Balza, foi o seu primeiro guión cinematográfico, ao que lle seguiu en 2023 o da longametraxe Honeymoon.

Próximos eventos Ver axenda