Seminario Europa «Trump versus Von der Leyen: migracións e política» con Daniel González Palau

Data
Xoves, 6 de febreiro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O xoves, 6 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Daniel González Palau, Director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Trump versus Von der Leyen: migracións e política».

Daniel González Palau dirixe o IGADI dende 2017. É Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015) e dende o ano 2018 é o editor do informe anual de relacións internacionais e política global, IGADI Annual Report. Dende 2022, dirixe o curso na Escola Galega de Administración Pública “A Axenda 2030 e a súa implementación nas Administracións Públicas" e é autor de Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local (IGADI, 2010), entre numerosos traballos no campo da acción exterior de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda