Conferencia «Xornalismo, poder e redes» de Jesús Cintora

Data
Luns, 24 de febreiro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 24 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Xornalismo, poder e redes», que estará impartida por Jesús Cintora, Licenciado en Xornalismo e presentador de televisión.

Jesús Ángel Cintora Pérez, Licenciado en Xornalismo na Universidade de Navarra en 1999 na rama de Comunicación Audiovisual, foi Profesor Asociado da Universidade Carlos III de Madrid. Os seus primeiros traballos desenvolvéronse nas emisoras da Cadena SER de Soria, Pamplona e Zaragoza, así como en TVE Navarra, El Mundo, Radio Marca e Canal Satélite Dixital.​ Entre 2002 e 2006 coordinou a parte informativa do programa Hoy por hoy, dirixido primeiro por Iñaki Gabilondo e dende 2005 por Carles Francino. Posteriormente dirixiu Hora 14 e Hora 25 fin de semana ata marzo de 2011, cando comezou a dirixir Matinal SER.​ Entre 2011 e 2013 participou como analista político en varios programas de televisión nacionais entre os que destacan El debate de la 1 e La noche en 24 horas en Televisión Española, El programa de Ana Rosa e El gran debate en Telecinco e De hoy a mañana e El cascabel en 13TV. En maio de 2013 comezou a presentar varios programas en Mediaset como Las mañanas de Cuatro, que recibiu un Premio Ondas, The Wall, En la caja, Cintora a pie de calle ou La línea roja, ata que en marzo de 2018 fichou por La Sexta para colaborar en Al rojo vivo, La Sexta Noche, Liarla Pardo e Más vale tarde. Colaborou na edición española da revista Rolling Stone, Interviú e ElDiario.es. Ten publicadas varias obras como La hora de la verdad, con prólogo de Iñaki Gabilondo e a participación de Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Alberto Garzón, Pablo Casado ou Miguel Ángel Revilla, entre outros; Conspiraciones, ¿por qué no gobernó la izquierda?; La conjura: Así se fraguó el primer Gobierno de coalición de la democracia; ou No quieren que lo sepas. Na súa última publicación, El precio de la verdad, Cintora aborda a manipulación informativa ao servizo do poder político e económico.

Próximos eventos Ver axenda