Roteiro «Paseando e lembrando as mulleres de Compostela»

O sábado, 29 de marzo, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará o roteiro «Paseando e lembrando as mulleres de Compostela», que estará guiado pola historiadora Encarna Otero. O percorrido de dúas horas de duración sairá do antigo Hotel Suízo (hoxe Solleiros) na Praza de Mazarelos e percorrerá a Caldeirería, Fonte Sequelo, Casas Reais, Praza de Abastos e Hórreo, rematando nas Casas Baratas (fábrica de AGE).

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá anotarse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 20 de marzo.

Próximos eventos Ver axenda