Conferencia «Fernando Calvet, pioneiro da Bioquímica e promotor da Biotecnoloxía en Galicia» de Manuel Freire

Data
Luns, 31 de marzo de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas e membros da RAGC ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 31 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Fernando Calvet, pioneiro da Bioquímica e promotor da Biotecnoloxía en Galicia», que estará impartida por Manuel Freire, Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC.

Manuel Freire Rama, nacido en Esteiro (Muros), é Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Licenciado en Química e con formación investigadora adquirida na Sección de Química Orgánica do Consello Superior de Investigacións en Santiago de Compostela e nos Departamentos de Química Orgánica e Bioquímica da Facultade de Química e no de Bioquímica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, entre os anos 1968 e 1976, completada coa estadía no Roche Institute of Molecular Biology de New Jersey (USA), entre os anos 1976 e 1980. A súa actividade investigadora orientouse á caracterización de diferentes tipos de Moléculas compoñentes das células e ao estudo do Metabolismo en tecidos animais, entre 1968-1976, así como ao estudo dos mecanismos moleculares e celulares implicados na activación do Sistema Inmunitario, dende o ano 1976 ata a actualidade. Esta actividade está incluída en 25 Proxectos de Investigación financiados polo Instituto Roche, o Plan Nacional de Investigación e a Xunta de Galicia e recollida en 25 Teses, 30 Tesinas e 126 traballos publicados en Revistas Internacionais e  en Congresos. Durante 45 anos exerceu actividade docente en Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Facultades de Química e Bioloxía, e de Inmunoloxía Molecular e Celular na Facultade de Medicina, da Universidade de Santiago, tendo introducido a ensinanza da Inmunoloxía na Facultade de Bioloxía e na propia Facultade de Medicina. Fundou o Laboratorio de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, en 1976, e foi Decano desta Facultade entre 1989-1994. É membro de Número da Sociedad Española de Bioquímica, da Sociedade de Ciencias de Galicia, da Ammerican Society for Biochemistry and Molecular Biology, da American Association for the Advancement of Science, da New York Academy of Sciences e da Real Academia Galega de Ciencias.

Próximos eventos Ver axenda