IV PREMIO ATENEO CINEDUCA

Data
Mércores, 2 de abril de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade

IV MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Bases do IV PREMIO ATENEO CINEDUCA

Compartir

O mércores, 2 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programado na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela o acto de clausura da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), que incluirá a entrega do IV PREMIO ATENEO CINEDUCA e a proxección das seguintes curtametraxes premiadas entre as obras presentadas polos centros educativos:
   - 1º Premio: «Soños para levar. Unha historia chea de historias» do CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas
   - 2º Premio: «65 TONELADAS» do IES Poeta Añón de Outes
   - Mención honorífica: «El número 23» do IES A Pinguela de Monforte de Lemos

Soños para levar. Unha historia chea de historias, titorizada polo profesor Santiago López Groba, conta coa participación de todo o centro educativo, dende a etapa infantil ata primaria. Nesta obra un neno chamado Izan, ao que lle gusta moito o seu libro de historia, soña un día coas distintas etapas da historia da humanidade.

65 TONELADAS, realizada por alumnos de 4º da ESO, titorizados polas mestras María Xosé Alfonso Torres e  María del Carmen Pérez Fernández, é unha curtametraxe documental realizada no marco das Activades Paralelas da V Mostra MDFDM 2022, que amosa o traballo desenvolvido pola Agrupación de Mariscadoras da Confraría de Pescadores de Bartolomé de Noia durante varias actuacións do Proxecto ECONOIA 3. O alumnado grava, edita e participa decididamente, nunha película que chama a atención sobre a grave situación de contaminación das nosas costas, provocada directamente pola acción humana.

El número 23, elaborada por alumnado de 3º da ESO, titorizados polo docente José Enrique Sampil Sánchez, é unha curtametraxe de ficción que narra a investigación dunha xornalista sobre a desaparición de Lilibeth, quen rexistrou nun caderno uns estraños acontecementos que comezaron a ocorrer na casa herdada da súa malvada avoa materna. 

Próximos eventos Ver axenda