Presentación do libro «El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo» de Xosé Carlos Arias
- Data
- Xoves, 3 de abril de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O xoves, 3 de abril, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo» de Xosé Carlos Arias. No acto participarán:
Xosé Carlos Arias, Catedrático da Universidade de Vigo, autor da obra
Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea e profesor emérito da USC
El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo examina a presenza de temáticas como o cortoplacismo, a incertidume e o crecente malestar nun escenario no que todo transita demasiado rápido. Aínda que a velocidade crecente constitúe un sinal de identidade do capitalismo dende as súas orixes, foi nas últimas décadas cando acadou a súa máxima expresión. Pero non todo avanza e se transforma ao mesmo paso: vivimos nunha era de profunda desincronización, na que a economía -e sobre todo as finanzas- evolucionan con ritmos moito máis intensos que outros ámbitos, como a política democrática (que tamén se acelera cada vez máis pero sempre vai por detrás). Todo isto trae consigo consecuencias de primeira orde, moitas delas altamente conflitivas.
Xosé Carlos Arias Moreira é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Membro de International Society for the New Institutional Economics, foi fundador da Revista Economía Aplicada e é columnista habitual en xornais. Entre os seus libros destacan Leviatán tras el naufragio e Organización de gobiernos y mercados.