Conferencia «Castelao: escritor e artista» de Miguel Anxo Seixas
- Data
- Luns, 21 de abril de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 21 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia para conmemorar o Ano Castelao, titulada «Castelao: escritor e artista», que estará impartida polo Historiador Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao.
Miguel Anxo Seixas Seoane (Arzúa, 1960) é Licenciado de grado en Historia da Arte Moderno e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e Doutor en Historia Contemporánea. Foi redactor e guionista da Televisión de Galicia así como coordinador do Arquivo de Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e actualmente preside a Fundación Castelao. As súas liñas de investigación céntranse na intelectualidade galega e en 2017 defendeu a súa tese doutoral, titulada Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación.