Seminario Europa «Presente e futuro da seguridade e defensa europea» con José Julio Fernández Rodríguez
- Data
- Martes, 29 de abril de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O martes, 29 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con José Julio Fernández Rodríguez, Director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Presente e futuro da seguridade e defensa europea».
José Julio Fernández Rodríguez, é Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostea (USC), onde dirixe o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Anteriormente, foi delegado de protección de datos da USC e tamén serviu á Comunidade Autónoma de Galicia como Valedor do Pobo. É, ademais, doutor e licenciado en Dereito, licenciado en Ciencias Políticas, en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, e diplomado en Estudos de Seguridade e Defensa. Atesoura unha ampla experiencia docente, sendo autor de numerosas publicacións científicas (máis de 200 contribucións) editadas en 17 países. Participou como experto en diversos programas xurídicos internacionais de cooperación e de fortalecemento institucional (Cabo Verde, Perú, Turquía...). Recibiu a Cruz ao mérito naval do Reino de España.