Visita ao Porriño, localidade natal de Antonio Palacios

Data
Venres, 25 de abril de 2025
Máis información

Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 10 de abril, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 25 de abril, o Ateneo de Santiago realizará unha visita ao Centro Industrial Nova Pescanova do Porriño, localidade natal do arquitecto e urbanista Antonio Palacios, que incluirá un percorrido para coñecer na zona algunhas das súas obras.

PROGRAMA 

8.30h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago con destino ao Porriño.

10.00h. Visita ao Centro Industrial Nova Pescanova
O Centro Industrial Nova Pescanova do Porriño desenvolve a maior rede loxística de produtos conxelados de España e está dentro da industria pesqueira mundial. Centrado na produción de produtos precociñados, conta con capacidade de produción de 30.000 Tn anuais de produtos preparados de peixe e cefalópodos, empanados e rebozados e ultraconxelados, con compromiso de sostebilidade na acuicultura.

12.30h. Visita ao centro urbano peonil do Porriño, localidade natal do arquitecto e urbanista galego Antonio Palacios Ramilo (1874 – 1945), quen, a pesar de vivir boa parte da súa vida en Madrid, sempre se mantivo en contacto coa súa localidade natal.  
          Obras no Porriño: Casa consistorial, a Fonte do Cristo e a botica nova.
          Obras en Santiago: gardería infantil da Alameda.
          Obras en Galicia: Central Eléctrica do Tambre (Noia), Teatro Rosalía de Castro (hoxe García Barbón, Vigo), Templo Votivo do Mar (Panxón, Nigrán) e Mosteiro da Visitación das Salesas Reais (Teis, Vigo).

14.00h. Comida no Restaurante El Niño Trasto (A Gándara, Guillarei).

16.30h. Visita ao obradoiro de Gaia Cerámica (Gondomar)
De tradición artesanal galega, fusiona técnicas antigas con enfoques actuais e está rexentado por Patricia Soto. Visita ao obradoiro e á exposición de produtos, escultura, debuxos e olería.

17.45h. Percorrido pola costa dende Gondomar a Baiona e Panxón, con paradas en:
          Monumento da Virxe da Roca (Baiona): na cima do Monte Sansón (San Roque, Baiona) a 100m sobre o nivel do mar, constitúe un miradoiro panorámico ao océano Atlántico, con capacidade para 4-5 persoas. A talla en pedra foi realizada por Antonio Palacios, mentres que a cara e as mans, de mármore branco, foron realizadas polo arquitecto madrileño Anxo García Díaz. A coroa está sobre os ombreiros da Virxe, cunha auréola de azulexos e pedra. O interior do monumento é un oco cunha  escaleira de caracol que permite subir ao barco que a Virxe sostén na man dereita.
          Templo Votivo do Mar (Panxón): católico, consagrado á Virxe do Mar, construído por Antonio Palacios en 1932-1937, de granito, con toques góticos, influencia musulmana e toques modernistas, plasmando a arte galega para brindar esta obra ás xentes do mar. Interesante tanto o seu exterior como o seu interior.

Posible hora de chegada a Santiago ás 20.00h. 

O prezo da viaxe é de 45€ por persoa, incluíndo autobús, xantar e visitas, os cales se aboarán directamente o mesmo día da visita. As persoas que non sexan socias do Ateneo deberán pagar un suplemento de 20€. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o xoves, 10 de abril, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. No caso de inscribirse máis persoas que prazas dispoñibles, as admisións realizaranse mediante un sorteo, que se levará a cabo o luns, 14 de abril, tendo preferencia na admisión os/as ateneístas.

Próximos eventos Ver axenda