Conferencia «Rompendo as murallas do localismo: Vigo en Santiago» de Manuel Bragado

Data
Luns, 26 de maio de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 26 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia en colaboración coa Federación de Ateneos de Galicia, titulada «Rompendo as murallas do localismo: Vigo en Santiago», que estará impartida por Manuel Bragado, escritor, editor e profesor.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é editor, mestre e activista cultural. Licenciado en Ciencias da Educación pola USC, traballou en Edicións Xerais de Galicia, empresa da que foi director durante 24 anos (1994-2018). Na actualidade é orientador nos CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. É presidente da Fundación Luzes, secretario da asociación Premios da Crítica de Galicia, membro de Nova Escola Galega, da que foi presidente nos anos 80, e do Instituto de Estudios Vigueses. Colaborador de Faro de Vigo dende hai catro décadas, dende 1999 mantén semanalmente a sección de opinión «Campo de Granada», pola que recibiu os premios de xornalismo Gómez Román (2000) e Fernández del Riego (2014). Dende 2005 publica o blog «Brétemas», onde presta especial atención á divulgación da historia e memoria da cidade de Vigo e polo que recibiu os premios AELG, Fervenzas Literarias e Gala do Libro Galego á traxectoria dun proxecto literario na rede (2019). Director de centos de proxectos de libros educativos e autor de diversos estudos sobre a edición e a lectura, ten publicados, entre outros, os libros Vigo, puro milagre (2019) e Vigo, abella da ribeira (2023), onde escolma algunhas das súas prosas viguesas.

Próximos eventos Ver axenda