Proxección da película «As neves do Kilimanxaro» de Robert Guédiguian
- Data
- Martes, 27 de maio de 2025
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 27 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «As neves do Kilimanxaro» (Les neiges du Kilimandjaro), comprendida dentro do Ciclo «O cine francés do século XXI» do Cineclub Ateneo.
As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)
Director: Robert Guédiguian
2011, 109 minutos
A pesar de ter perdido o seu traballo, Michel vive feliz con Marie-Claire dende hai trinta anos. Os seus fillos e os seus netos énchennos de ledicia, teñen amigos moi cercanos, están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas e as súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero ese benestar salta polos aires cando dous hombres armados e enmascarados os golpean, os atan e se fugan coas súas tarxetas de crédito.
Esta película non é a estadounidense do mesmo título, dirixida por Henry King en 1952 e baseada no relato homónimo de Ernest Hemingway, senón unha francesa, dirixida por Robert Guédiguian en 2011, cuxo título se refire á canción de Pascal Danel «Les neiges du Kilimandjaro» (1966), inspirada tamén naquel relato de Hemingway e que foi número un de vendas en Francia.
Os amigos da parella protagonista, que saben que eles soñan con viaxar a África algún día e teñen un especial cariño por esa canción, cántanlla na festa do seu aniversario de voda, cando parece que poderán cumprir aquela viaxe soñada. E, como ventá aberta á esperanza, volve soar na secuencia final.
Canción, interpretada polo seu creador, subtitulada en francés e en español: