Proxección da película «Frantz» de François Ozon

Data
Martes, 3 de xuño de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «O CINE FRANCÉS DO SÉCULO XXI»

Compartir

O martes, 3 de xuño, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Frantz». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine francés do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Rosa Rodríguez Porto, profesora de Historia da Arte da USC.

Frantz
Director: François Ozon
2016, 113 minutos
Nunha pequena cidade alemá, pouco tempo despois da Primeira Guerra Mundial, Anna vai todos os días visitar a tumba do seu prometido Frantz, caído na guerra, en Francia. Un día, Adrien, un misterioso rapaz francés, tamén deixa flores na tumba. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nunha contorna marcada pola derrota de Alemaña.

Rosa María Rodríguez Porto é Doutora en Historia da Arte pola USC (2012). Aínda que a súa traxectoria investigadora se desenvolveu en Holanda, Finlandia, Reino Unido e Dinamarca, nestes momentos é investigadora Ramón y Cajal no departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago, onde forma parte do Grupo SÍNCRISIS de Investigación en Formas Culturais. As súas liñas de investigación inclúen a arte e literatura medievais, a ilustración do libro manuscrito, os estudos visuais, a teoría crítica e a tradición clásica. Ademais, foi nomeada Adjunct Associate Professor da Facultade de Humanidades da University of Southern Denmark (ata o 31 de xaneiro de 2027) e Senior Researcher do Centre for Medieval Literature (CML).

Próximos eventos Ver axenda