Proxección da película «Mali Twist» de Robert Guédiguian

Data
Martes, 17 de xuño de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «O CINE FRANCÉS DO SÉCULO XXI»

Compartir

O martes, 17 de xuño, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Mali Twist» (Twist à Bamako), comprendida dentro do Ciclo «O cine francés do século XXI» do Cineclub Ateneo.

Mali Twist (Twist à Bamako)
Director: Robert Guédiguian
2021, 125 minutos
No Mali postcolonial dos anos 60 os mozos de Bamako bailan o rock recentemente importado de Occidente e soñan cunha renovación política. Samba, un rapaz socialista, namórase da enérxica Lara durante unha das súas misións na selva. Para escapar do seu matrimonio forzado, ela fuxe en secreto con el á cidade. Pero o esposo de Lara non o permitirá e a Revolución axiña lles traerá dolorosas desilusións mentres soñan cun futuro xuntos.

Próximos eventos Ver axenda