Homenaxe a Castelao en Rianxo da Federación de Ateneos de Galicia

Data
Sábado, 14 de xuño de 2025
Lugar
Recheo portuario de Rianxo (a carón do Centro Sociocultural-Auditorio)
Máis información

Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o venres, 30 de maio, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.

Compartir

O sábado, 14 de xuño, a Federación de Ateneos de Galicia realizará unha homenaxe a Castelao en Rianxo co seguinte programa:

9.30h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.

10.30h. Recepción na Casa do Concello por parte do Alcalde de Rianxo aos directivos dos Ateneos de Galicia.

11.00h. Visita guiada polo Rianxo de Castelao
O percorrido inclúe varios lugares que formaron parte da vida de Castelao como o Concello, a Praza Castelao, a súa casa natal ou o Restaurante Feliciano, lugar onde soou por vez primeira en Galicia a Rianxeira.

12.00h. Ofrenda floral na escultura de Castelao, coas intervencións de Manuel López-Rivadulla, Presidente da Federación de Ateneos de Galicia, e Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao.
Recital poético «Castelao sempre», coa participación dos poetas Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Xaime Domínguez Toxo, Xabier Paz, Luísa Abad e Ricardo Villar.

14.00h. Xantar de confraternidade dos Ateneos de Galicia nunha carpa. Menú:
                        Empanada variada
                        Polbo
                        Carne ao caldeiro ou churrasco
                        Sobremesa, pan, viño, café e chupitos

Foliada co conxunto Barahúnda e o grupo de gaiteiros Son de Gaita

Cántico final colectivo da Rianxeira

Regreso á Rúa da Rosa de Santiago.

O prezo estimado é de 50€ por persoa, incluíndo autobús, xantar, visita e foliada. As inscricións, exclusivas para as socias e socios do Ateneo de Santiago, deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o venres, 30 de maio, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.