Conferencia «Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario» de Juan M. Monterroso

Data
Luns, 2 de xuño de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 2 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario», que estará impartida por Juan M. Monterroso, Catedrático de Historia da Arte da USC.

Juan Manuel Monterroso Montero é Catedrático de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade, ata 2002, ocupou o posto de profesor titular de Conservación do Patrimonio, Historia da Arte e Deseño na Universidade da Coruña. Foi Director do departamento de Historia da Arte entre 2003-2008 e 2016-2020, decano entre 2008 e 2016 e dende 2003 coordina o grupo de investigación Iacobus (GI-1907). O seu labor docente e investigador permitiulle dedicarse a labores e estudos vencellados coa Historia da Arte, en especial a todo aquilo relativo á arte galega durante a Idade Moderna e ao Patrimonio Cultural. Tanto nun como noutro aspecto, publicou diferentes artigos e monografías que tiveron como obxecto de estudo os principios básicos sobre a conservación do patrimonio, a actividade pictórica en conxuntos monásticos e catedralicios, a iconografía mariana, o Camiño de Santiago e a Catedral compostelá, a literatura emblemática e a súa repercusión na cultura moderna, ou a teoría, protección e xestión do patrimonio cultural (informes históricos e proxectos expositivos), e a historia da moda e o deseño industrial. Impartiu cursos e conferencias en diversas universidades e centros de investigación de España, Portugal, México, Arxentina, Brasil, Francia, Chile, Italia e Polonia e participou como profesor convidado en cursos de posgrao e máster. Tamén foi o responsable de diversas exposicións que tiveron como tema central a cidade de Santiago, a arte galega ou o Camiño de Santiago.

Próximos eventos Ver axenda