Conferencia «Creando novos futuros: a gran transición» de Juan Casares
- Data
- Luns, 16 de xuño de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 16 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programado na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, o peche do curso 2024-2025 cunha conferencia titulada «Creando novos futuros: a gran transición», que estará impartida por Juan Casares, Doutor en Química e Ex-Reitor da USC.
O conferenciante explicará, con datos e información sinxela de asimilar, como o mantemento da calidade de vida actual non é sostible para o planeta, repasando cales son os límites planetarios. Poñerá exemplos de por que a presión que exercemos as personas no planeta está por enriba do que este pode achegar e soportar. Exemplos de cambio climático, subas do nivel do mar en territorios, eventos dramáticos do cambio climático e como se prevé que evolucionen nos próximos anos. En contrapunto, indicará que medidas recomendan os expertos para reducir a presión sobre o planeta para mantelo nos límites asumibles polo mesmo.
Juan José Casares Long, natural da Coruña, é Licenciado en Química (Premio extraordinario) na Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñaría Química pola Universidade de Salford (Gran Bretaña). Catedrático das Universidades de Sevilla, Cantabria e Santiago de Compostela, Universidade da que foi Reitor (2010-2014), foi Assistant Professor de Enxeñaría Química na King Fahd University of Petroleum and Minerals (Arabia Saudí). No ámbito industrial, foi Bolseiro de investigación de Tudor S.A. e Técnico Superior da Empresa Nacional de Electricidad. No ámbito da Administración, foi Presidente da Comisión Técnica de Informática da Xunta de Galicia, Director do Centro de Supercomputación de Galicia e Director Xeral na Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, tendo fundado Meteogalicia. Nos últimos anos foi nomeado Membro da Comisión de Pensamento do Consello de Cultura Galega, Membro do Consello de Dirección do Wessex Institute of Technology (Gran Bretaña) e, recentemente, Membro do Capítulo Español do Club de Roma.