Visita guiada ao Parlamento de Galicia
- Data
- Martes, 17 de xuño de 2025
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Parlamento de Galicia
- Máis información
Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o mércores, 11 de xuño, admitíndose a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.
Ao realizar a inscrición e por motivos de seguridade desta institución, autorízase a comunicación do nome, apelidos e DNI ao equipo de visitas guiadas do Parlamento de Galicia.
O martes, 17 de xuño, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada gratuíta ao Parlamento de Galicia.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, indicando nome, apelidos e DNI. Admitirase unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude, tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o mércores, 11 de xuño.
Durante o percorrido de 1 hora de duración, explicaranse as funcións, a organización e a historia da institución; accederase ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis ou o hemiciclo; e visitaranse as salas onde acontece a actividade institucional diaria.
NOTA: ao realizar a inscrición e por motivos de seguridade desta institución, autorízase a comunicación do nome, apelidos e DNI ao equipo de visitas guiadas do Parlamento de Galicia.