Conferencia «Estruturas e Fortalezas da Democracia» de Carmen Calvo
- Data
- Luns, 6 de outubro de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 6 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia para inaugurar o curso 2025-2026, titulada «Estruturas e Fortalezas da Democracia», que estará impartida por Carmen Calvo, Presidenta do Consello de Estado, e presentada por Francisco Candela, Presidente do Ateneo de Santiago.
Carmen Calvo Poyato (Cabra, Córdoba, 1957) é Doutora en Dereito Constitucional pola Universidade de Córdoba, onde ademais é Profesora Titular de Dereito Constitucional na Facultade de Dereito, e Licenciada en Dereito Público pola Universidade de Sevilla. Dende marzo de 2024 é Presidenta do Consello de Estado, tras ter ocupado diversos cargos como Presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso, Vicepresidenta Primeira do Goberno ou Ministra de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. Anteriormente, xa fora Ministra de Cultura e Conselleira de Cultura da Xunta de Andalucía. Coñecida activista do feminismo, ten unha grande actividade como conferenciante, con numerosas publicacións de xestión cultural e igualdade xurídica e social entre homes e mulleres, e é colaboradora habitual en diversos medios de comunicación.