Debate sobre «Zama» de Antonio di Benedetto

Data
Martes, 28 de outubro de 2025
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 28 de outubro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Zama de Antonio di Benedetto.

Zama narra a existencia solitaria e suspendida de Don Diego de Zama, un funcionario da coroa española en Asunción de Paraguai que, vítima dunha interminable espera, agarda ser trasladado a Bos Aires a finais do século XVIII. A de Zama non é calquera espera, trátase dunha condición existencial, angustiosa e reflexiva, nun territorio caracterizado pola distancia e a disposición para a lembranza. Zama é a novela dun exiliado castizo, cunha linguaxe atemporal e arcaica, por momentos cercano á do Século de Ouro. Trátase dun libro perfecto, onde a cualidade filosófica se desprende naturalmente dunha prosa deslumbrante.

Antonio Di Benedetto, nome indiscutible da literatura arxentina, naceu o 2 de novembro de 1922, en Mendoza, Arxentina. Estudou Dereito pero dedicouse ao xornalismo. En 1953 publicou o seu primeiro libro, Mundo animal, co que iniciou a súa brillante carreira de escritor cuxo cumio foi a novela Zama. Os críticos compararon os seus traballos ao nivel doutros importantes escritores como Alain Robbe-Grillet, Julio Cortázar e Ernesto Sábato. Recibiu a bolsa Guggenheim en 1974. Durante a ditadura militar arxentina foi perseguido, apresado, torturado e sufriu catro simulacros de fusilamento. Foi excarcerado o 4 de setembro de 1977 e exiliouse nos Estados Unidos, Francia e España, regresando definitivamente a Arxentina en 1985. Morreu vítima dun derrame cerebral o 10 de outubro de 1986 en Bos Aires.

Próximos eventos Ver axenda