Debate sobre «O corazón do negror» de Joseph Conrad

Data
Martes, 18 de novembro de 2025
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 18 de novembro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra O corazón do negror de Joseph Conrad.

En O corazón do negror Marlow, un veterano mariñeiro inglés, recibe a encarga de ir á procura de Kurtz, un tratante de almafí perdido no corazón da selva africana. O encontro con el será a confirmación da farsante actitude colonialista, poñendo en tea de xuízo o seu carácter de cruzada moral e comercial. Estamos no Congo belga, en plena colonización europea, e Marlow relátanos como remonta o río Congo nun barco vello, rodeado de perigos, internándose nun continente virxe e obxecto de rapiña e obsesionándose con aquel home, desaparecido no remoto. Esta obra é unha narración autobiográfica, que reflicte a corrupción e o horror; a crónica dunha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Lepoldo II de Bélxica. O máis célebre relato curto de Joseph Conrad, convertido en libro de culto, foi escrito en 1899 e publicouse en 1902 converténdose axiña nunha novela imprescindible, que amosa a hipocrisía colonialista, a escuridade do ser humano, e que cuestiona a civilización occidental.

Joseph Conrad, novelista británico de orixe polaca, foi considerado como un dos grandes escritores modernos en lingua inglesa. O conxunto da súa obra caracterizouse por significar unha fonda exploración da vulnerabilidade e a inestabilidade moral do ser humano. A súa vida no mar e en portos estranxeiros constituíron o telón de fondo de case todos os seus relatos pero a súa obsesión fundamental foi a condición humana e a loita do individuo entre o ben e o mal, que reflectiu nos seus escritos cun estilo rico e vigoroso e unha técnica narrativa que se serviu con habilidade das interrupcións nos discursos cronolóxicos.

Próximos eventos Ver axenda