Conferencia «Franco» de Julián Casanova

Data
Luns, 27 de outubro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 27 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Franco», que estará impartida por Julián Casanova, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza, e estará presentada por Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia da USC.

Julián Casanova é Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Zaragoza e profesor visitante na Central European University de Budapest. É autor, entre outros traballos, de La historia social y los historiadores (Crítica, 1991), De la calle al frente. El anarcosindicalismo en España, 1931-1939 (Crítica, 1997, publicado en inglés por Routledge, Londres, 2004, co título Anarchism, the Republic and Civil War in Spain 1931-1939), La Iglesia de Franco (Crítica, 2005), República y guerra civil (Crítica/Marcial Pons, 2007; edición inglesa con notas en Cambridge University Press, 2010), Europa contra Europa, 1914-1945 (Crítica, 2011), España partida en dos. Breve historia de la guerra civil española (Crítica, 2013; orixinal en inglés en I.B. Tauris, Londres, 2012; edición en turco en Iletisim, Estambul, 2015; en árabe, Arab Center for Research & Policy Studies, Doha, 2017), La venganza de los siervos. Rusia 1917 (Crítica, 2017), Una violencia indómita. El siglo XX europeo (Crítica, 2020). Con Carlos Gil Andrés escribiu Historia de España en el siglo XX (Ariel, 2009; edición en inglés con notas en Cambridge University Press, 2014). Foi profesor visitante en prestixiosas universidades europeas, estadounidenses e latinoamericanas e membro do Institute for Advanced Study de Princeton. É membro do consello de redacción de varias revistas científicas, colaborador habitual das páxinas de opinión de El País e publicou numerosos artigos en diferentes revistas especializadas.

Próximos eventos Ver axenda