VELO FALA DE VELO

Data
Xoves, 30 de outubro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O xoves, 30 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Fundación Carlos Velo, ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, o acto «Velo fala de Velo», que contará coa participación da cineasta Laura Gardós Velo, neta de Carlos Velo. 

No acto presentaranse e proxectaranse os novos documentos visuais aparecidos recentemente na Filmoteca de México nos que o cineasta fala das súas obras Torero e Pedro Páramo, así como sobre Luis Buñuel.

Próximos eventos Ver axenda