Faladoiro «Cidade e turismo» con Xosé Santos Solla, Ángel Panero e Francisco Candela

Data
Martes, 4 de novembro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 4 de novembro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro titulado «Cidade e turismo», que contará coa participación de Xosé Santos Solla, Catedrático de Xeografía Humana da USC; Ángel Panero, Arquitecto; e Francisco Candela, Economista e Presidente do Ateneo de Santiago. 

Este Faladoiro xorde pola preocupación existente nun amplo conxunto da cidadanía arredor da evolución que experimentou o turismo na cidade, especialmente no último decenio, e que produciu un forte impacto sobre o casco histórico da cidade derivado dun crecente proceso de expulsión dos residentes e do comercio tradicional e de colonización turística neste espazo urbano, ao tempo que se constata unha perda de autonomía municipal na xestión dos fluxos turísticos, por unha parte, e a carencia dun posicionamento estratéxico e unha perspectiva a longo prazo no desenvolvemento da cidade que permita o establecemento de actuacións coherentes cos obxectivos de futuro que deben definirse co consenso e participación das entidades políticas, sociais e cidadás.

Nesta liña de traballo, e coa intención de dialogar e propoñer ideas e accións a desenvolver polos distintos actores e entidades públicas e privadas da cidade de Santiago de Compostela, xorde este Faladoiro aberto, que pretende ser un punto de referencia no debate cidadán xa que non é posible illar a xestión do turismo da global da cidade.

Próximos eventos Ver axenda