Presentación do libro «Las aristas de la sostenibilidad» de Gumersindo Feijoo

Data
Mércores, 5 de novembro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O mércores, 5 de novembro, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Las aristas de la sostenibilidad» de Gumersindo Feijoo. No acto participarán:
          Gumersindo Feijoo, Catedrático de Enxeñaría Química da USC, autor do libro
          Juan Luis Blanco Valdés, Director do Servizo de Publicacións da USC
          Antón Porteiro, Directivo do Ateneo de Santiago

Las aristas de la sostenibilidad analiza e avalía algunhas das aristas do poliedro do futuro das novas xeracións, partindo dos artigos que o autor foi publicando na plataforma The Conversations–España. A primeira reflexiona arredor da pregunta «Onde e cómo vivimos?». A segunda céntrase en considerar «As palabras e datos da sostebilidade» (economía circular, ecoblanqueo, ecolóxico, etc.). A última arista xira sobre «A alimentación e a tradición». Coñecendo o pasado e analizando o presente, podemos aminorar as incertidumes do futuro.

Gumersindo Feijoo é Catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus traballos de investigación abordaron aspectos relacionados coa análise de ciclo de vida e as pegadas ambientais para a aplicación dos fundamentos da economía circular aos procesos produtivos do sector primario e secundario. Publicou máis de 350 artigos en revistas científicas internacionais e nove patentes ou marcas de garantía recoñecidas pola OEPM, destacando a explotación da ecoetiqueta Pescaenverde. Atópase entre o 2% de científicos máis citados e influentes do mundo, segundo a base de datos elaborada pola Universidade de Stanford e a empresa Elsevier, tendo compaxinado esta actividade investigadora cun importante número de accións de divulgación como conferencias en colexios, institutos, asociacións e concellos ou publicacións en medios de comunicación xeralistas. Estas actividades foron recoñecidas co Premio Madre Tierra da Federación Española de Recuperación e Reciclaxe en 2019 e Finalista na VI Edición dos Premios de Periodismo e Sector Pesqueiro Español de CEPESCA en 2023. 

Próximos eventos Ver axenda