Visita guiada á Igrexa de San Martiño Pinario
- Data
- Venres, 14 de novembro de 2025
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Igrexa de San Martiño Pinario
- Máis información
Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 6 de novembro, admitíndose a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.
O venres, 14 de novembro, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita gratuíta á Igrexa de San Martiño Pinario, que estará guiada por Juan Manuel Monterroso, Catedrático de Historia da Arte da USC.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 6 de novembro.
Esta visita realízase como complemento á conferencia «Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario», que impartiu Juan Manuel Monterroso o pasado mes de xuño e que se pode ver completa no seguinte enlace: https://www.ateneodesantiago.gal/mediateca/recurso/1338/video-da-conferencia-esplendor-dun-cenobio-beneditino-o-mosteiro-de-san-martino-pinario-de-juan-m-monterroso
Durante a visita o Catedrático de Historia da Arte explicará a arquitectura e os retablos da Igrexa de San Martiño Pinario.