Seminario Europa «A Unión Europea en tempos de realpolitik» con Mel Ravelo
- Data
- Mércores, 12 de novembro de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 12 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa por videoconferencia dende Bruxelas con Mel Ravelo, coordinador de Relacións interinstitucionais na Comisión Europea (DG MENA). O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, levará por título «A Unión Europea en tempos de realpolitik».
Mel Ravelo é coordinador para relacións interinstitucionais na nova dirección xeral da Comisión Europea para Oriente Medio, o Norte de África e o Golfo (DG MENA). Anteriormente foi asesor no Parlamento Europeo. É especialista en política exterior e dereitos humanos. Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Girona, realizou un máster en Relacións Internacionais, Seguridade e Desenvolvemento na Universidade Autónoma de Barcelona. Atesoura experiencia profesional no Consello da Unión Europea, e na Representación Permanente de España ante a UE, ademais do Parlamento Europeo.