Conferencia «Democracia, desigualdade e medio ambiente. A necesidade dun federalismo social» de Nicolás Sartorius
- Data
- Luns, 24 de novembro de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas e membros da AFG ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 24 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia, teñen programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Democracia, desigualdade e medio ambiente. A necesidade dun federalismo social», que estará impartida por Nicolás Sartorius, avogado, escritor e cofundador de CCOO.
Nicolás Sartorius (San Sebastián, 1938), avogado, político e ensaísta español, cursou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Activo militante antifranquista, durante a ditadura foi detido e condenado en varias ocasións debido á súa postura política, sendo un dos imputados no coñecido como Proceso 1001. Cofundou o sindicato de traballadores Comisións Obreiras, dende o que participou activamente nas negociacións políticas durante a Transición, e foi deputado no Congreso durante tres lexislaturas, chegando a ser voceiro parlamentario ata 1993. Durante 20 anos foi vicepresidente executivo da Fundación Alternativas, renunciando ao cargo en 2018. Autor de diversos libros e artigos sobre temas como o socialismo, o sindicalismo, a ditadura, a transición e a linguaxe en política, tamén colabora en xornais como El País. Nos últimos anos dedicouse á análise da política internacional e de seguridade, tendo publicado recentemente a obra La democracia expansiva.