Debate sobre «Léxico familiar» de Natalia Ginzburg

Data
Martes, 13 de xaneiro de 2026
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 13 de xaneiro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Léxico familiar de Natalia Ginzburg.

Léxico familiar narra a historia dunha familia xudía e antifascista: os Levi, en Turín, entre os anos trinta e cincuenta do século pasado. Trátase das lembranzas de infancia e xuventude da gran Natalia Ginzburg, capturados en retallos de conversas, en frases familiares e íntimas ou nas charlas que os intelectuais do Turín dos anos trinta manteñen na penumbra dos salóns, mentres comeza a alzarse a pantasma do fascismo.

Natalia Ginzburg, nacida Levi (1916-1991), escritora, tradutora e política, foi unha das voces máis importantes da literatura italiana do século XX. Nacida en Palermo, pronto se trasladou a Turín e máis tarde, xa casada con Leone Ginzburg, viviu en Roma. Antifascista, ligada a figuras da esquerda intelectual italiana como Cesar Pavese, Italo Calvino ou Giulio Einaudi, editor da súa obra, o seu primeiro marido, Leone Ginzburg, director da Editorial Einaudi, foi asasinado nunha cárcere da capital pola Gestapo en 1943. Autora de novelas e contos, Léxico familiar, galardoada co Premio Strega en 1963, é a primeira obra desta grande escritora traducida ao galego. Durente moitos anos tamén traballou como redactora para a editorial Einaudi na súa sede de Roma, cidade onde residía cando faleceu.

Próximos eventos Ver axenda