Visita guiada á exposición «Francisco Asorey, unha recuperación necesaria» no Museo Centro Gaiás
- Data
- Venres, 23 de xaneiro de 2026
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Museo Centro Gaiás
- Máis información
Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 15 de xaneiro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.
O venres, 23 de xaneiro, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Francisco Asorey, unha recuperación necesaria», situada no Museo Centro Gaiás.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 15 de xaneiro.
Comisariada por Miguel Fernández-Cid e coordinada por Carmen Asorey —neta do artista e figura esencial na reivindicación da súa obra e vida— Francisco Asorey, unha recuperación necesaria reúne unha selección das obras máis importantes do escultor. Dende as pezas iniciais nas que podemos apreciar as súas primeiras eleccións estéticas, ata as esculturas en madeira nas que desenvolve unha iconografía de claras raíces populares e un tratamento singular da policromía, así como tamén a súa obra monumental, presente en toda a xeografía galega. En total, medio centenar de esculturas e ao redor dunha decena de escaiolas, xunto con debuxos, audiovisuais, documentos da época e ferramentas de traballo, ademais das cerámicas coas que se popularizaron algunhas das súas obras máis significativas, para contextualizar e dar a coñecer da maneira máis completa a relevancia artística e histórica de Asorey.