Proxección da película «Mimosas» de Óliver Laxe
- Data
- Martes, 3 de febreiro de 2026
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 3 de febreiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a proxección da película «Mimosas». Esta proxección, comprendida dentro do II Ciclo «Cinema galego do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Iván Villarmea, profesor de Historia do Cine da USC.
Mimosas
Director: Óliver Laxe
2016, 96 minutos
Unha caravana transporta a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus pero morre mentres soben os escarpados cumios do Atlas marroquí. Os viaxeiros, temerosos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí pero a esposa de Sheikh dubida deles. Nun mundo paralelo e remoto, a Shakib elíxeno para viaxar ás montañas coa misión de axudar aos improvisados caravaneros a chegar ao seu destino. A Shakib tamén o asaltan as dúbidas; trátase da súa primeira misión.
Iván Villarmea Álvarez é profesor permanente laboral de historia do cinema na Universidade de Santiago de Compostela (USC), membro do grupo ‘Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades’ (IDEAHS) e investigador asociado do Centro de Estudos Interdisciplinares da Universidade de Coimbra (CEIS20-UC). Publicou o libro Documenting Cityscapes: Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film (2015) e coeditou os volumes Memórias em Movimento: História e Trauma nos Cinemas Ibero-americanos (2023), New Approaches to Cinematic Space (2019) e Jugar con la memoria: El cine portugués en el siglo XXI. Triple gañador do Premio María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual (2020, 2021 e 2023), tamén foi vicepresidente e secretario da Associação de Investigadores da Imagem em Movimento (AIM, 2020-22 / 2022-24), codirector da revista dixital de crítica cinematográfica A Cuarta Parede (2013-17) e co-fundador do Cineclube de Compostela en 2001.