Conferencia «Gaza: un xenocidio televisado» de Mohamed Safa

Data
Luns, 26 de xaneiro de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 26 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Gaza: un xenocidio televisado», que estará impartida por Mohamed Safa, médico palestino.

Mohamed Safa naceu en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo estado de Israel dende 1967. Médico oftalmólogo de profesión, realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela. Incansable loitador polos dereitos do seu pobo, impulsou e participou en innumerables iniciativas culturais e políticas destinadas a dar unha maior visibilidade á causa palestina. O seu activismo materializouse en numerosos artigos e conferencias, pero tamén na publicación de varios libros, entre eles, Palestina, grito por la libertad (Do Castro, 2003) e La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión (Hoja de Lata, 2017).

Próximos eventos Ver axenda